Sunday 05 de May de 2024

O Club Hóckey Oleiros, subcampión galego en categorías Benxamín e Sub15 Feminino


Rematan as FINAIS A CATRO entre os catro mellores equipos das Ligas Galegas nas Categorías Benxamín, Prebenxamín, Sub15 e Sub13 Feminino.

Por primeira vez na nosa historia o Club Hóckey Oleiros clasifica os seus equipos nas CATRO CATEGORÍAS, sendo O ÚNICO CLUB GALEGO en conseguilo nesta tempada.

O pasado 27 e 28 de Maio celebrouse no Polideportivo de Vite en Santiago a FINAL A CATRO entre os catro mellores equipos da Liga Galega en Categoría Sub15 Feminino, no que o CLUB HOCKEY OLEIROS rematou coma SUBCAMPIÓN GALEGO da categoría.

Así mesmo, os pasados 3 e 4 de Xuño celebrouse no Polideportivo Calero de Carballo a FINAL A CATRO entre os catro mellores equipos da Liga Galega da Categoría Sub13 Feminino, na que o Club Hóckey Oleiros clasificouse en 4º POSTO.

Por outra banda, o pasado 10 de Xuño celebrouse no Polideportivo dos Campóns de Cambre as FINAIS A CATRO entre os catro mellores equipos de Liga Galega en Categorías Benxamín e Prebenxamín. Na Categoría Benxamín, o CHO Canide clasificouse coma SUBCAMPION GALEGO, mentres que na Categoría Prebenxamín, o CHO Bastiagueiro clasificou na CUARTA POSICIÓN.

O Club Hóckey Oleiros fundouse no 2.015 dándolle continuidade a unha escola deportiva municipal xestionada polo Concello de Oleiros que levaba tres anos funcionando, dando orixe así ó Primeiro Club de Hóckey a Patíns do Concello de Oleiros. O Pavillón da Rabadeira é a sede da celebración dos partidos de competición que se xogan na casa, e tamén a instalación principal para os entrenos dos distintos equipos. Tamén mantense actividade no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, así como no Pavillón do INEF en Bastiagueiro e no Pavillón Municipal de Bastiagueiro.

Durante estes anos, o equipo tense consolidado nas categorías base, contando Tempada 22-23 con equipo en TODAS AS CATEGORÍAS AUTONÓMICAS: acadando este tempada as 200 fichas federativas en competición, con 20 equipos participantes en Categorías Senior (1 equipo), Junior (1 equipo), Xuvenil (2 equipos), Infantil (4 equipos), Alevín (3 equipos), Benxamín (3 equipos), Prebenxamín (3 equipos), Micro (1 equipo), Sub15 feminino (1 equipo) e Sub13 feminino (1 equipo). Ademais da Escola de Patinaxe para os máis cativos e das Actividades Extraescolares que desenrolamos xunto cos CEIPs da Rabadeira, Valle Inclán e Juana de Vega.